Thursday 02 de May de 2024

O Partido Popular de Oleiros propón que se adiante a elección dos compoñentes das mesas electorais do 23 de Xullo


Nunca se abordou un proceso electoral cun número tan alto de “encabuxados” pola data da súa convocatoria.

• O Presidente Sánchez actúa de mala fe xa que persegue a maior porcentaxe de abstención.

Ante a convocatoria de Eleccións Xerais en pleno mes de Julio, por parte do Presidente do Goberno
de España, o Partido Popular de Oleiros esixe de quen corresponda que poña fin á situación de intolerable incerteza que padecen millóns de españois en canto á posibilidade de organizar a súa vida e as das súas familias e, en consecuencia, as súas vacacións ou desprazamentos nesas datas.

Non é de recibo que unha decisión que responde a intereses estritamentepersoais e de partido, estea a lles amargar a vida á inmensa maioría da poboación deste país, creando prexuízos económicos a distintos sectores e aumentando a desafección dos cidadáns coa política e os políticos.

Doutra banda, para o Partido Popular de Oleiros esta convocatoria é unha auténtica fraude á lei electoral por canto esta última persegue facilitar a máxima participación nos distintos eventos plebiscitarios e, sen ningún xénero de dúbidas, con esta decisión perséguese o efecto contrario.

Moitísimos electores, aínda solicitando o voto por correo, quedarán sen poder exercelo por estar ausentes nas datas en que está prevista a recepción da documentación para iso.

Esperamos que o máximo órgano competente nesta materia dite algún tipo de resolución urxente excepcional ou extraordinaria, ou o que sexa, permitindo adiantar ao máximo a designación dos membros das mesas, mesmo que esta designación póidase realizar nun pleno extraordinario convocado para o efecto, aínda que as corporacións estean en funcións ou se arbitre calquera outro método que se considere garantista e poña fin á incerteza.

En canto á recepción da documentación para poder exercer o voto por correo dos que estean ausentes do seu domicilio por vacacións e non poidan fixar un alternativo para a súa recepción que se arbitre un sistema para garantir o seu dereito ao sufraxio menos limitativo da participación do que, valéndose da norma, persegue o goberno.

Os cidadáns deste país non llo merecen.